ConcellosÚltima hora

A Xunta non quitará ás árbores da avenida de Celanova, en Xinzo

Marisol Díaz trasladoulle aos veciños de Xinzo a nova nunha xuntanza.

O veciños do concello de Xinzo de Limia e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron hoxe, 15 de maio, na que a política lles trasladou a decisión da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de reformular o proxecto de acondicionamento da avenida de Celanova nesa localidade, para transformala nunha vía urbana que manteña as árbores.

O proxecto, agora desestimado, respondía ás demandas presentadas no seu día polo Concello de Xinzo que pretendía canalizar por esa vía o tráfico de entrada e saída na vila. Desa forma, preveuse unha reorganización da sección transversal para ampliar a calzada e manter os dous sentidos de circulación, o cal facía imprescindible a tala das árbores para garantir a seguridade viaria.

Díaz Mouteira explicoulles aos veciños que, logo de que a Administración local trasladoulle á Xunta a súa postura a favor dun cambio de formulación que permita atender as demandas veciñais canto á conservación das árbores, o departamento autonómico decidiu desistir da execución dese proxecto de mellora acordado inicialmente co Concello e reformulalo.

A solución adoptada pola Xunta pasa pola transferencia da titularidade da avenida de Celanova ao Concello de Xinzo, para que proceda á súa reforma conforme as características propias dunha vía urbana, cun só sentido de circulación.

Así mesmo, a delegada territorial explicoulles que esa reformulación no proxecto prevé canalizar o tráfico de entrada e saída da vila cara á N-525 a través dun treito de circunvalación, que estará conformado por varias vías municipais que terán que ser melloradas e acondicionadas a tal efecto.

Marisol Díaz trasladoulles aos representantes da veciñanza de Xinzo de Limia que o Goberno galego mantén o compromiso de investimento nesta reorganización viaria, que no proxecto agora desestimado cifrábase en máis de 460.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button