ConcellosSen categorizarÚltima hora

A Xunta potenciará o SAF no Carballiño e realizará melloras en varias infraestruturas

O conselleiro de Política Social anunciou que se actuará na escola infantil, na residencia para maiores e na residencia de tempo libre
O conselleiro de Política Social, esta tarde, cos representantes do Concello do Carballiño.
O conselleiro de Política Social, esta tarde, cos representantes do Concello do Carballiño.

Representantes do Concello do Carballiño mantiveron na tarde de onte unha reunión de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Durante o encontro, o titular do departamento autonómico avanzou que potenciará o Servizo de Atención no Fogar (SAF) na vila ourensá e se realizarán obras de mellora na escola infantil, na residencia para maiores e na residencia de tempo libre. O montante total da inversión sobrepasará os 400.000 euros.

Ao respecto da potenciación do SAF, Rey Varela anunciou un incremento de preto de 4.000 horas anuais, até acadar as 28.668 horas ao ano. No canto das melloras das infraestruturas, desvelouse que 271.000 euros irán destinados ás obras de mellora na Residencia de Tempo Libre; 18.000 adicaranse á Residencia para Maiores con Autonomía; e outros 6.500 irán para a mellora da Escola Infantil.

En representación do municipio, acudiron á reunión os concelleiros Marina Ortega e Diego Fernández, titulares das áreas de Servizos Sociais e de Educación, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button