OurenseÚltima hora

A Xunta presenta en Ourense os requisitos do Bono Coidado

Publicidade
É unha axuda económica dirixida a familias para a atención a domicilio de nenos menores de tres anos por enfermidade
A Xunta explica o Bono Coidado en Ourense.
A Xunta explica o Bono Coidado en Ourense.

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, explicou esta mañá en Ourense o programa do Bono Coidado e os requisitos para acceder a el. Acompañada da secretaria territorial, Silvia Dorado, a titular autonómica informou acerca desta axuda económica que pon en marcha a Consellería de Política Social.

A axuda consistirá nunha cantidade económica para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio por enfermidade do menor e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar; por enfermidade da persoa coidadora habitual; asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación ou outras situacións similares. “O Bono Coidado permitirá mellorar as posibilidades de compaxinar as responsabilidades laborais coas persoais e familiares e dáse un paso máis na resolución das tensións que se producen entre elas”, explicou a directora xeral.

Os beneficiarios destas axudas deberán residir en Galicia, ter un neno ou nena nados con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 con respecto da anualidade 2017. Entre outros requisitos, para acceder a esta axuda, a renda da unidade familiar non pode superar os 45.000 euros ou os 13.500 euros per capita.

Artigos relacionados

Back to top button