OurenseÚltima hora

A Xunta reformará a avenida Otero Pedrayo por 2,2 millóns de euros

[dropcab] As actuacións contemplan a incorporación de dúas novas rotondas, a renovación da rede semafóica e da rede de luminarias, instalando farolas tipo led [/dropcap]
A presentación do proxecto tivo lugar no Concello. // Foto: Carlos Asensio.

A avenida Otero Pedrayo (OU-536), entrada á cidade pola estrada de Trives e de titularidade autonómica, verá mellorada a súa seguridade viaria grazas a unha inversión de 2,2 millóns de euros que fai a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Está previsto que as obras sexan licitadas nas vindeiras semanas para que se inicien no primeiro trimestre do 2018 e que rematen en 2019.

Así, as intervencións consistirán na instalación de dúas rotondas, unha de acceso ao Campus Universitario, e outra dous quilómetros máis arriba, cara ao barrio da Rabaza, “co obxectivo de separar o tráfico que se dirixe cara a esta parte da cidade, do que discorre pola vía de servizo que dá acceso aos comercios e garaxes da zona”, explicou a conselleira, Ethel Vázquez, na presentación de hoxe, 11 de setembro.

Outra das melloras que van realizar neste tramo é a instalación de pasos de peóns “cunha rede semafórica regulada por pulsadores”, dixo o alcalde, Jesús Vázquez. Tamén se mellorará a travesía coa  dotación e reparación de beirarrúas e a posta a punto das vías de servizo. Ademais, renovarán a rede de abastecemento, drenaxe e o saneamento. Outro deses puntos de mellora é a rede luminaria “que será de tipo led”, explicou Jesús Vázquez, de menor consumo enerxético.

As rotondas serán decoradas con sendas fontes.

En canto á decoración das futuras rotondas, o alcalde da cidade salientou que “vanse incorporar dúas fontes xa que están próximas ao Campus Auga, polo que supoñen un elemento característico da Universidade e da propia cidade”. Asemade, o rexedor sinalou que estas obras vense facendo “debido ás demandas da cidadanía de melloraren a seguridade dese tramo”.

Pola súa parte, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, subliñou que esta actuación incidirá “unha maior seguridade viaria; unha mellor integración da avenida con toda a contorna; e favorecerá a accesibilidade e os desprazamentos para o Campus universitario e cara outros barrios da cidade”.

As reformas atinxen tanto á estrada central como as vías de servizo.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button