ConcellosÚltima hora

A Xunta reformará o firme de cinco estradas valdeorresas

Destinará un investimento de de máis de 582.000 euros a melloras en viais dos concellos da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar as obras de reforzo de firme localizados en cinco estradas da comarca de Valdeorras por un investimento de máis de 582.000 euros. A empresa que se ocupará de acometer as obras será Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A, cun prazo de execución de 4 meses. As actuacións comezarán na segunda quincena do vindeiro mes de abril

Segundo informa a consellería, na OU-602, no Concello da Rúa, arranxarase a capa de rodadura no treito comprendido entre os Pq. 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. No mesmo municipio, tamén se actuará na estrada OU-603, entre o Pq. 0 e 3+630. Na estrada OU-621, no Concello de Rubiá, no tramo entre o Pq. 0 e o 2+660 traballarase na reparación do firme deteriorado.

Outra vía obxecto deste contrato é a OU-622, entre o Pq. 0 e o 21+940, nos concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras, onde se mellorará a pavimentación. Na OU-636, ao seu paso polos concellos de Petín e Larouco, no tramo entre o Pq 19+800 e 21+140, as obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura na OU-637, entre o Pq. 0+035 e 1+120.

Artigos relacionados

Back to top button