ConcellosÚltima hora

Xuntanza entre o alcalde da Peroxa e a conselleira de Medio Rural

Ángeles Vázquez e Manuel Campos.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Peroxa, Manuel Campos, reuníronse para afondar na colaboración entre Xunta e Concello a prol do agro neste municipio. En concreto, ambos acordaron impulsar a mobilización de terras como xeito de dinamizar o medio rural, fomentando o seu aproveitamento con fins agrogandeiros.

Ademais, a conselleira e o rexedor municipal avaliaron as diferentes liñas de cooperación en materia forestal. Así, a titular de Medio Rural comprometeuse a estudar a solicitude do alcalde de contar cun tractor para roza de matogueira e desta forma contribuír a reducir a biomasa nos camiños municipais e, consecuentemente, diminuír o risco de incendio forestal.

Artigos relacionados

Back to top button