ConcellosÚltima hora

Xuntanza anual da Corporación de Quiroga cos pedáneos do municipio

Hai xa 32 anos que se celebra este encontro no que se fai balance das actuacións realizadas durante o ano e se presentan as necesidades de cada núcleo do concello
Membros da Corporación de Quiroga na xuntanza dos pedáneos deste municipio.

No mediodía do 27 de decembro celebrábase a xuntanza anual da Corporación de Quiroga cos alcaldes de barrio do municipio nas instalacións do Centro Social da Terceira Idade. Neste encontro cos representantes de cada núcleo de poboación do municipio, que se fai dende hai 32 anos, faise balance do realizado durante o ano, á vez que os pedáneos presentan as necesidades de cada zona para que a Corporación as encaixe nos orzamentos do vindeiro exercicio.

O municipio de Quiroga conta nos seus 319 km2 de extensión con 119 núcleos, aínda que non todos están habitados. Nesta xuntanza anual, en base ás peticións que realizan estes delegados da alcaldía nos barrios, prográmanse as obras máis necesarias nestes lugares de cara a realizar, neste caso, ao longo do 2019.

En canto ao balance do ano que está a piques de rematar, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, informaba aos asistentes á xuntanza de que se “cumpriron todas as expectativas comprometidas cos núcleos, aínda que falta executar unha parte das obras, retrasadas por problemas de administración”. Anunciaba tamén que na mesma mañá do 27 de decembro se contrataba o derradeiro paquete de obras pendente, e que afectará basicamente ao arranxo de pistas da zona máis oriental do municipio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button