ConcellosÚltima hora

Xuntanza entre a Conselleira do Medio Rural e o alcalde de Nogueira de Ramuín

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Nogueira de Ramuín, José César Parente.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Nogueira de Ramuín, José César Parente, mantiveron hoxe, 29 de xaneiro, unha xuntanza para coñecer as necesidades do seu concello no relativo á súa consellería. Así, o rexedor trasladoulle a necesidade de reforzar os muros de contención de certos viais do municipio para garantir a seguridade da circulación. A conselleira sinalou que este ano ao concello correspóndenlle máis de 40.300 euros do Plan marco de mellora de camiños municipais que a consellería deseña cada ano para axudar aos municipios.

Noutro orde de cousas, no encontro valorouse tamén a posibilidade de incrementar a colaboración entre a Xunta e este municipio no referido á prevención dos lumes forestais. Neste sentido, cómpre lembrar que Nogueira de Ramuín é un dos concellos asinantes dos convenios de colaboración para a prevención dos lumes, polo que ambos responsables valoraron como melloralo.

Artigos relacionados

Back to top button