Pasados xa dezasete meses dende o inicio da pandemia, a actividade social e cultural volver rexurdir. Con máis ou menos participación e sempre mantendo as medidas sanitarias aínda vixentes como o uso da mascarilla, ás asociacións recuperan o ritmo da vida.
Así o vén de facer o Orfeón Caldelas que tras regresar aos ensaios no mes de xullo, na tarde deste sábado 30 de outubro organizaba unha xuntanza de corais no Castelo de Castro Caldelas. Coa colaboración do Concello e tamén da Deputación da Coruña o concerto contou coa actuación do propio orfeón da casa, dirixido por Manuel Vila, e tamén da Coral La Salle de Santiago de Compostela, cantando cada un os seus propios temas e tamén algún de forma conxunta.
Fotos e vídeo cedidos.