Publicidade
ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xuntanza das asociacións de Mulleres Rurais de Valdeorras no Castro (O Barco)

Nesta ocasión este encontro, con 124 asistentes, estaba organizado pola Asociación de MM.RR. San Martiño de Viloira

Compartindo un delicioso cocido comezaba no mediodía do 23 de marzo a Xuntanza das Asociacións de Mulleres Rurais de Valdeorras, que tiña lugar no Pazo do Castro (O Barco). Este encontro anual para conmemorar o Día da Muller estaba organizado nesta ocasión pola Asociación de Mulleres Rurais San Martiño de Viloira. Nesta cita participaban 124 mulleres: 31 de Viloira, 29 de Éntoma, 11 de Veigamuíños (O Barco), 11 da Veiga, 29 de Córgomo e 11 de Arcos (Vilamartín).

Nesta xuntanza tamén se contaba coa presenza de dúas representantes de FEMURO (Federación Provincial de Mulleres de Ourense). Despois do xantar dábase paso a unha charla sobre as actividades que promove esta entidade.

Dende a Asociación de Mulleres Rurais San Martiño de Viloira facíase unha valoración moi positiva desta xornada de convivencia que comparten cada ano as mulleres valdeorresas. “Penso que resultou moi ben tanto o xantar como a actividade posterior, e a xente marchou moi contenta. É moi bonito que se celebren encontros deste tipo porque nos permite reunirnos e falar”, sinala Carmen Álvarez.

Ademais a asociación organizadora agasallaba ás asistentes cun detalle como recordo desta xuntanza: unha bonita e elegante caixiña de xabóns que simulaban bombóns.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close