ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xuntanza de antigos alumnos do Colexio de Manzaneda

Resultaba un emotivo reencontro, tras 30 anos, nas aulas que os viron medrar

Un grupo de antigos alumnos de EXB do Colexio Nacional de Manzaneda veñen de volver a reunirse, décadas despois, nas aulas deste centro. Comezaron os seus estudos no curso 74-75, cando se abriu o Grupo Escolar de Manzaneda. Algúns incorporáronse en cursos posteriores, e 20 deles remataron en 8º de EXB no curso 80-81, aínda que tamén algúns finalizaban a súa etapa formativa en cursos distintos. Se ben a maioría deles pertencen á xeración do ano 1967, tamén estiveron presentes neste encontro celebrado en agosto alumnos dunha ou duas xeracións anteriores.

Esta era a primeira das xuntanzas que teñen previsto realizar. Servía para que algúns ex alumnos, os que pudieron asistir, se reencontraran despois de máis de 30 anos e puideran lembrar vellos tempos dentro e fóra das clases. Resultou un emotivo reencontro coas aulas que os viron medrar formativamente. Cada un deles procedía de distintas escolas unitarias de lugares e aldeas do concello de Manzaneda (como Cernado, Reigada, San Miguel, Placín, Trabazos, Langullo, Soutipedre, San Martiño, O Poblado e da Vila de Manzaneda), Vilarmeao (concello de Viana do Bolo) ou de Sobrado e Monteboi (concello de A Pobra de Trives).

Fotos: Clemente Pérez Arias

Artigos relacionados

Back to top button