EconomíaEconomíaÚltima hora

Xuntanza de cantos de taberna no BravoLux da Rúa

O sábado 30 de xaneiro, despois da Festa do Codillo, actuará o grupo Pándega
O responsable do BravoLux, Javier "Carallán" tirando unha caña. /Foto: Carlos G. Hervella.
O responsable do BravoLux, Javier “Carallán” tirando unha caña. /Foto: Carlos G. Hervella.

Seguindo o exemplo doutros lugares como Trives, Quiroga ou O Barco, o bar BravoLux da Rúa únese aos cantos de taberna. Así, para o sábado 30 de xaneiro en torno ás sete e media da tarde (despois da Festa do Codillo con xantar no pavillón municipal), ten programada a actuación do grupo local Pándega.

Dende o propio BravoLux informan que, se algún outro grupo quere tocar esa tarde, poden poñerse en contacto cos responsables do establecemento a través do facebook ou no propio bar.

Pola noite a festa tamén está asegurada.

Cartaz dos cantos de taberna no BravoLux.
Cartaz dos cantos de taberna no BravoLux.

Artigos relacionados

Back to top button