CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Xuntanza de Corais de Outono, este sábado no Teatro Lauro Olmo do Barco

No encontro, organizado polo Orfeón Valdeorrés, actuarán tamén a Coral Lembranzas da Terra de Valdoviño e a Coral Polifónica de Berres
O Orfeón Valdeorrés nun concerto no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Parece que foi onte cando empezou e o 16 de setembro, José Ramón Mansilla cumpría 20 anos como director do Orfeón Valdeorrés. Unha data especial que o coro celebraba coa publicación na páxina do Facebook dun vídeo (obra de Geli) cos momentos máis significativos e emotivos destas dúas décadas. Ademais, os membros da coral facíanlle unha “pequena pero cariñosa homenaxe onde non faltaron agasallos, cánticos e un bride final por outros vinte anos máis”, tal como explica o presidente do Orfeón, José Luis Folla.

E un mes despois do aniversario, José Ramón Mansilla dirixirá de novo ao seu coro, no Barco de Valdeorras. Será este sábado 20 de outubro ás 20h. na Xuntanza de Corais de Outono que se celebrará no Teatro Lauro Olmo e na que participarán a Coral Lembranzas da Terra de Valdoviño, a Coral de Berres (A Estrada) e o anfitrión e organizador do evento musical, o Orfeón Valdeorrés.

 

Cartel da Xuntanza de Corais de Outono.

Artigos relacionados

Back to top button