Galerías de fotosSen categorizar

Xuntanza de gaiteiros nos cumios de Manzaneda

O pasado 27 de xullo, Cabeza de Manzaneda acollía unha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

Os concertos comezaban coa actuación da banda de gaitas Gaiteiros de Flariz de Verín, seguida pola banda de gaitas Preparatorio, a do Concello de Riós, Concello de Vilariño de Conso, Real Xuvenil e Os Trintas de Trives-Os Fiadeiros. Tamén actuaron as bandas de gaitas As Portelas de Lubián, Fuentes Nuevas de Ponferrada, A Carballeira, San Bernardo de Aveiro (Portugal) e Concello de Manzaneda.

Con respecto ao concurso de gaiteiros solistas, Daniel Castiñeiras González da banda de gaitas Preparatorio gañaba na modalidade de menores de 12 anos, mentres que Diego Prieto González dos Trintas de Trives facíao na modalidade dos maiores.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button