DeportesÚltima hora

Xuntanza de Judo no Barco de Valdeorras

O encontro judoca terá lugar o 22 de novembro no pavillón de Calabagueiros
Miguel Ramos, presidente A.D. Miguelito; Alberto Vázquez, profesor de judo en Valdeorras; e Eduardo Galán, vicepresiente 1º FG JUDO. /Foto: Mónica G. Bellver.
Miguel Ramos, presidente A.D. Miguelito; Alberto Vázquez, profesor de judo en Valdeorras; e Eduardo Galán, vicepresiente 1º FG JUDO. /Foto: Mónica G. Bellver.

O vindeiro sábado 22 de novembro, a partires das 16:30h, o pavillón de Calabagueiros no Barco de Valdeorras, acollerá a Iª xuntanza de Judo da zona do Sil.

A organización do evento estará a cargo da Agrupación Deportiva Miguelito, escola de Judo presente na comarca de Valdeorras e Lemos, na que imparte clases o profesor Alberto Vázquez Corzo, ademáis conta coa colaboración do Concello do Barco e da Federación Galega de Judo.

No acto, contarase con seis tatamis no que participarán en torno a 150 judokas entre os 3 e os 12 anos, pertencentes aos centros Divina Pastora do Barco, Ramón Otero Pedrayo de Viloira, Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, Virxe do Camiño de Rubia e P.P. Escolapios de Monforte.

Ata o pavilón do Barco desprazaranse o vicepresidente 1º da Federación Galega de Judo, Eduardo Galán Palla, o presidente da Agrupación Deportiva Miguelito, Miguel Ramos Medina, así como profesores de Judo da Agrupación Deportiva Miguelito para arbitrar o evento que estará coordinado polo director do Departemento de Imaxe e Difusión da FGJUDO, Juan José Rodríguez Gende.

Artigos relacionados

Back to top button