Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Xuntanza de Maiores no parque municipal do Carballiño

O evento festivo de confraternidade contou coa asistencias dunhas 3.000 persoas de toda Galicia

Unhas 3.000 persoas dábanse cita na mañá do 16 de xuño, no parque municipal do Carballiño, para asistir á XL Xuntanza dos Maiores, a maior afluenza a esta reunión dos últimos anos coa chegada de 65 autobuses procedentes de centros sociocomunitarios e concellos de toda Galicia.

Entre os asistentes ao evento festivo de confraternidade estaba o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García; e a delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e parte da corporación municipal do Carballiño co alcalde Francisco Fumega, ademais doutros responsables da Administración autonómica.

A programación do festexo, presentado por Roberto Vilar e Eva Iglesias, do programa da TVG “Land Rober” incluíu ademais do tradicional xantar, unha exhibición coreográfica, animación musical e baile, prolongándose durante boa parte da xornada de tarde. Tamén se recoñeceu o labor dos centros sociocomunitarios de Fene (A Coruña), Vilalba (Lugo) e Ponte Pelamios (Ourense), así como de José Piñeiro, da Asociación Galega de Pensionistas (Asogapen).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button