PolíticaÚltima hora

Xuntanza de traballo do grupo de En Marea no Parlamento galego

Entre os asuntos abordados estaban o reparto de responsabilidades nas distintas comisións parlamentarias
Reunión do que será o grupo parlamentario de En Marea.
Reunión do que será o grupo parlamentario de En Marea.

O traballo de presentación que En Marea levará a cabo ao longo da nova lexislatura para chegar a todas as comarcas de Galicia era un dos asuntos abordados na xuntanza que mantiñan na tarde do 6 de outubro os membros do que será o grupo parlamentario desta formación. Era a segunda reunión deste tipo que mantiñan, pero a primeira que se desenvolvía no Parlamento de Galicia. Entre os participante no encontro estaba Davide Rodríguez, deputado electo do oriente ourensán e ex alcalde de Manzaneda.

A intención desta formación é que “todo o mundo, votantes e simpatizantes podan achegarse aos deputados e deputadas electas do grupo parlamentario de En Marea e dar a coñecer tamén o traballo que se desenvolverá en sede parlamentar”, segundo se informa dende este partido.

Outro dos temas tratados nesta segunda xuntanza era o reparto de responsabilidades nas distintas comisións parlamentarias. “Será un reparto paritario e centrado en aproveitar as aptitudes de cada un dos deputados e deputadas co obxectivo de desenrolar un mellor traballo parlamentario”, sinalaba o portavoz do grupo e presidente de En Marea, Luís Villares,

Ademais comezaban o traballo sectorial que levará a cabo e que se abrirá a toda a militancia de En Marea.

Artigos relacionados

Back to top button