ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xuntanza dos irmáns Brasa Calvo no Pazo do Castro (O Barco)

Había xa 25 anos que non se reunían á vez estes irmáns naturais de Xagoaza

Aínda que ao longo dos últimos anos tiñan coincidido en diversas ocasións por separado, había xa un cuarto de século que os dez irmáns Brasa Calvo de Xagoaza (O Barco) non se reunían. A cita inicialmente estaba prevista para outubro, pero tivo que retrasarse por un problema de última hora, e tiña lugar no mediodía do 3 de novembro.

Así ás 14:30h. reuníanse arredor na mesa no Pazo do Castro (O Barco) para compartir un xantar nove dos dez irmáns. “Facíanos moita ilusión porque levámonos todos moi ben e son poucas as familias que eu coñeza de tantos irmáns nas que estean todos vivos, nós temos esa sorte. A única pena foi que non puido estar un dos irmáns, Jorge”, comenta Julio Brasa.

 

 

Os que si participaban, ademais de Julio, eran (por orde de maior a menor en idade): María Teresa, Eulogio, Manuel, Delfín, Elena, Antonio, Luis e Mauro. Aínda que a maior parte deles estiveron emigrados fóra de Valdeorras, co paso do tempo sete regresaron á comarca e agora residen en Veigamuíños, A Rúa e Rubiá. Os demais están en Málaga (2) e en Barcelona (1).

Ao encontro tamén acudían as esposas/os destes irmáns barquenses. A súa intención é seguir mantendo este encontro anual. “Non é fácil, pero intentaremos seguir xuntándonos polo menos unha vez ao ano, e tamén imos xuntarnos pouco máis os sete que estamos aquí”, comenta Julio.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas últimas da galería que son cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button