ConcellosÚltima hora

Xuntanza do GDR Valdeorras coas asociacións

No seu decurso presentábanse as bases da convocatoria para a selección de grupos e estratexias de desenvolvemento local

 

O salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco) acollía na tarde do 4 de maio unha reunión do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) de Valdeorras coas asociacións da comarca. No decurso da xuntanza, na que tamén participaban alcaldes dos municipios desta zona, presentábanse as bases da actual convocatoria para a selección de grupos e estratexias de desenvolvemento local participativo. Asemade actualizábase a composición do GDR valdeorrés.

Ademais presentábase a metodoloxía de traballo para a elaboración da devandita estratexia, que ademais se presentaba. Tamén se facía unha un avance dunha primeira análise do territorio de Valdeorras e dábase a coñecer o que será a páxina web de participación deste GDR.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button