DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Xuntanza moteira nos cumes de Trevinca

Unhas duascentas motos xuntáronse na II Motoxeada organizada por Balas Rasas

Por segundo ano consecutivo Balas Rasas organizaba a súa concentración en terras de Valdeorras. Se o ano pasado eran as inmediacións do encoro da Veiga as que acollían a primeira edición da concentración motorista invernal, nesta ocasión o colectivo moteiro elixía os montes de Trevinca para organizar a II Motoxeada.

Cun tempo bastantes estable, entre o 11 e o 13 de decembro xuntábanse no entorno de Fonte da Cova preto de duascentas motos chegadas dende diferentes puntos da xeografía galega, moitas delas da propia comarca.

Entre as actividades organizadas polo colectivo moteiro Balas Rasas, destacon as rutas pola contorna, as degustacións de caldo moteiro e o Bike Show con votación á mellor moto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button