ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xuntanza popular en Vilanova (O Barco) para celebrar o magosto

Organizada pola asociación cultural O Mosteiro, tiña lugar na tarde do 3 de novembro

Con certo retraso con respecto a outros anos, na tarde-noite do 3 de novembro celebrábase na praza de Vilanova, o tradicional magosto popular.

Foi unha das primeiras actividades organizadas pola asociación cultural O Mosteiro coa entrada da actual directiva hai xa cinco anos, e edición tras edición os veciños asisten á cita gastronómico-festiva, xa consolidada no calendario outonal da localidade barquense.

Ademais das castañas asadas, a multitude desfrutou dunha boa merenda a base de pan, chourizos, viño, doces e todo tipo de refrescos, ademais da tradicional queimada.

Fotos cedidas pola asociación cultural O Mosteiro de Vilanova.

Artigos relacionados

Back to top button