CulturaCulturaÚltima hora

Xuntanza valdeorresa en Barcelona en torno á figura de Florencio Delgado

Terá lugar o vindeiro 19 de maio e pretende reunir aos valdeorreses residentes en Cataluña

Nace con vocación de continuidade e pretende reunir aos valdeorreses residentes en Cataluña nunha xornada de convivencia en torno á figura do poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán. Xa están en marcha os preparativos da Iª Xuntanza Valdeorresa en Barcelona, que se celebrará en Barcelona o vindeiro 19 de maio a partires das 17h.

Terá como escenario o Ateneu Roig, no número 34 da rúa Torrent d’en Vidalet (Barrio de Gràcia-Barcelona). E con ela perséguese o obxectivo de  “recoñecernos e compartir unha tarde falando do que pasa por Valdeorras, do “Camiño de Inverno”, do godello, da mencía… E tamén das Letras Galegas e do poeta Florencio Delgado Gurriarán”, sinala Anxo Baranga, un dos promotores do encontro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button