Xurado e directores do FIC Vía XIV de Verín visitan o Castelo de Monterrei e o Museo Claustro Mercedario

Os participantes foron os directores de Pele de Luz e Porque la Sal, e Raquel Anido e Miguel Ribeiro (membros do xurado)

André Guimoar e Cardozo Ribeiro (directores de Pele de Luz e Porque la Sal, respectivamente), e Raquel Anido e Miguel Ribeiro (membros do xurado desta terceira edición do FIC Vía XIV), acompañados por algúns dos membros do staff do FIC Vía XIV, partificaban na mañá do 5 de decembro nunha visita guiada por Verín e comarca.

Un percorrido por algunhas das singularidades da vila que comezaba no Auditorio de Verín. Dende alí, o grupo desprazouse ata o Castelo de Monterrei, onde visitou os distintos emprazamentos do monumento, ademais da Igrexa de Santa María e o Hospital de Peregrinos.

O guía do Concello que levou a visita explicoulles aos integrantes do grupo a relevancia da figura do cigarrón de Verín e a do peliqueiro de Laza, e ao rematar, o grupo trasladouse ao Museo Claustro Mercedario, en Verín, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a exposición permanente que alí se alberga.

 

No exterior do Castelo de Monterrei.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies