PolíticaÚltima hora

Xurxo Doval, novo coordinador provincial de Ourense das Xuventudes Socialistas de Galicia

A proclamación tivo lugar a pasada fin de semana no seu Congreso Provincial de Ourense

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebraron esta fin de semana o seu Congreso Provincial de Ourense, no que Xurxo Doval se proclamou como novo coordinador provincial. Así, non se celebraron eleccións dado que soamente existía unha única candidatura.

 

Durante o acto.

 

O novo coordinador provincial asegurou que tiñan “un importante reto que cumprir para recuperar a dignidade política na xuventude. O noso obxectivo é simple: darlle voz aos esquecidos/as. Non poderemos deixar no noso costado a ningún rapaz/a, debemos asegurar que cada neno e nena ourensá teña unha atención médica pediátrica de calidade en todos os recunchos da nosa provincia. Así como o acceso a unha educación pública cunha mellora da conectividade do transporte. Perseguiremos e denunciaremos calquera acto de violencia polo mero feito de ser doutro xénero ou por querer amar libremente.”

Artigos relacionados

Back to top button