Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Xuventudes Socialistas de Galicia achega a campaña “#FainoConPedro” ao Barco

Con ela buscan “animar a toda a mocidade a que se sume ao equipo de Pedro Sánchez para loitar contra as dereitas”

O Malecón barquense era o lugar escollido polas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) para presentar en Valdeorras a súa campaña “#FainoConPedro”. Con ela pretenden animar á mocidade a que se sume ao equipo de Pedro Sánchez “para loitar contra as dereitas e facémolo cun colchón que representa o cambio na etapa política do noso país para recuperar todos eses dereitos sociais que perdimos durante os gobernos de Rajoy e Feijóo”, aseguran dende esta formación.

Neste acto no Barco Aitor Bouza, secretario xeral das XSG, aseguraba “estes son os dous modelos polos que temos que escoller o vindeiro 28 de abril, unha España que retrocede e que se manifesta en contra dos dereitos das persoas ou unha España na que cabemos todos e todas, inclusiva, progresista, feminista e na que a mocidade sexa o punto fundamental das políticas do Goberno”. Xunto a el estaban o secretario xeral das XSG-O Barco, Adrián Borrajo, e o voceiro comarcal do PSdeG-PSOE, Aurentino Alonso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button