PolíticaÚltima hora

As Xuventudes Socialistas elixen ao valdeorrés Adrián Borrajo como coordinador provincial

Tras o congreso, as Xuventudes Socialistas ourensás conmemoraron o Día do Orgullo LGTBI
Os asistentes ao Congreso Provincial. // Foto: Carlos Asensio.

As Xuventudes Socialistas de Ourense celebraron hoxe, 25 de xuño, o seu Congreso Provincial no que elixiron ao seu novo coordinador provincial. Soamente houbo unha candidatora, a do anterior coordinador, o valdeorrés Adrián Borrajo, que foi reelixido.

Adrián Borrajo. // Foto: Carlos Asensio.

Durante a súa intervención, Borrajo salientou que presentou esta candidatura coa intención “de dar voz aos mozos e coa intención de que as Xuventudes Socialistas se acheguen a aqueles que se afastaron do Socialismo”.

Neste acto tamén interveu o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, que salientou que hai que reforzar “a autonomía da nosa organización” e que “non se empreguen ás xuventudes como un arma nas primarias”. Asemade asegurou que con Pedro Sánchez chega unha nova etapa na a mocidade socialista estará moi presente. Reiterou que o socialismo ten que seguir adiante “para facer fronte a eses logros sociais”.

Aitor Bouza. // Foto: Carlos Asensio.

Tras o congreso, as Xuventudes Socialistas ourensás conmemoraron o Día do Orgullo LGTBI coa lectura dun manifesto e coa visualización do filme “Mi nombre es Havey Milk”.

Tras ler o manifesto izaron a bandeira do Orgullo LGTBI.

 

Artigos relacionados

Back to top button