OurenseÚltima hora

XV edición de Celebra o 15 e 16 de novembro en Expourense

O salón reunirá a 50 empresas con desfile de moda nupcial e festa ás seis da tarde
Presentación da 15ª edición de Celebra.
Presentación da 15ª edición de Celebra.

O 15 e 16 de novembro, celebrarase en Expourense unha nova edición de Celebra, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que ten como obxectivos ofrecer asesoramento profesional e facilitar a organización de eventos tanto familiares como empresariais.

Tal como adiantan dende Expourense, este ano Celebra contará con 50 expositores, un 13% máis can a edición de 2013, que presentarán unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á planificación de todo tipo de actos sociais. Esta cita convértese así “nun escaparate para as empresas ourensás, xa que preto do 85% dos expositores son da provincia” din dende a organización, aínda que tamén haberá espazo para empresas procedentes doutros lugarees como Pontevedra, A Coruña, Madrid e Portugal.

Case unha vintena de sectores estarán presentes en CELEBRA destacando a oferta en restauración e servizos audiovisuais que son os que contan con maior representación.

Con respecto aos actos programados, destacan as pasarelas de moda de noivo, noiva e festa que terán lugar o sábado e o domingo ás 18h. e nas que participarán as seguintes empresas: Alvarino, Ana Barril (noivas), Xoiaría Loyma, Noar Novias, Drácena e Paris Diffusion. Un ano máis, esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena e presentada por Elena dos Santos, Miss Tierra Galicia. O evento será 100% ourensán, con coleccións de fabricación e deseño propio.

Esta 15ª edición de Celebra contará asemade cun área de actividades adicada aos máis pequenos e abrirá as súas portas en Expourense o sábado e domingo en horario de 11 a 14:30h. e de 16 a 21h.

Artigos relacionados

Back to top button