ConcellosÚltima hora

XV Festa da Freba, o 6 de decembro en Petín

A festa gastronómica organizada polo Concello, comezará en torno ás nove da noite
Asistentes á pasada edición da Festa da Freba en Petín. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á pasada edición da Festa da Freba en Petín. /Foto: Carlos G. Hervella.

Seguindo o mesmo formato dos últimos anos, mañá sábado 6 de decembro (festivo nacional) celebrarase a XV edición da Festa da Freba. Coma sempre a partires das nove da noite, na carpa instalada e acondicionada a carón da Casa da Cultura (Teleclub) de Petín.

Por 10 euros que custa a entrada, os asistentes (espérase a uns 500 segundo os últimos anos) poderán degustar un suculento menú composto por consomé, chourizo cocido, a tradicional carne de freba de porco á brasa, ucheira de postre, viño e licores.

O apartado musical correrá un ano máis por conta do grupo Sonora Petinesa, que se encargará de animar o baile antes de despois da cea.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button