EconomíaEconomíaÚltima hora

XV Festa do Botelo, o 24 de xaneiro no Barco

A cita gastronómica está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia
Asistentes ao xantar do Botelo o ano pasado. /Foto: Ángeles Rodríguez.
Asistentes ao xantar do Botelo o ano pasado. /Foto: Ángeles Rodríguez.

O sábado 24 de xaneiro, a Festa do Botelo do Barco, que celebra a XV edición, estreará o seu recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Salvando a estrea desta distinción, o programa desta edición seguirá o mesmo esquema dos últimos anos, cunha parte cultural e outra gastronómica. A primeira terá lugar ás 12:30h. no salón de actos do IES Martaguisela, coa mención de honra que este ano estará adicada a Francisco Barredo González “pola súa ampla e importante traxectoria no mundo da hostalaría”. Tralo apartado musical, o acto pecharao a lectura do pregón que este ano correrá por conta de José Ángel Rodríguez Delgado barquense de pro, orgulloso e embaixador do seu pobo, e “alma máter da primeira saída ao exterior da Festa do Botelo, especialmente á Coruña co éxito do ano pasado”.

A segunda parte da festa, a gastronómica, comezará en torno ás dúas e media da tarde no pavillón de Calabagueiros. Alí xuntaranse máis de novecentas persoas (segundo as entradas esgotadas hai días) para degustar o menú a base de repolo, patacas, chourizos e botelo, preparado nas propias dependecias polo equipo de Lula Fidalgo. O xantar completarase co postre de doces variados, o café e os licores.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close