CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

XV Mostra de Corais de Viana do Bolo, o 13 de novembro

Será organizada polo Orfeón Vianés e contará cun total de tres agrupacións corais

 

O Orfeón Vianés retoma as súas actuacións, tras a paréntese obrigada pola pandemia, e faino ademais con moita ilusión e organizando a XV Mostra de Corais, que se celebrará o vindeiro 13 de novembro na Casa da Cultura de Viana a partir das 19h.

Neste encontro musical contarase cun total de tres agrupacións corais: a Coral de Piloño de Vila de Cruces (Pontevedra), a Capilla de la Divina Comedia de Bembibre (León) e, por suposto, o Orfeón Vianés.

Así a formación coral vianesa, que pechará a mostra na que cada unha das corais interpretará catro temas, ten previsto cantar “Negra Sombra”, “Las Espigadoras”, “Viento del Norte” e “Va pensiero”, neste último caso acompañada ao piano por José Ramón Mansilla.

 

Artigos relacionados

Back to top button