OurenseÚltima hora

Bota a andar a XV edición da Moteces, con teatro para alumnos da ESO ata o día 13

As representacións celébranse todos os días ás 12 do mediodía na Escola Mnicipal das Artes Escéncias
Cartaz gañador da edición 2016 da Moteces.
Cartaz gañador da edición 2016 da Moteces.

A Mostra de Teatro de Centros Educativos de Secuntaria (Moteces) acada a súa decimoquinta edición do 3 ao 13 de maio coa participación de 9 grupos de teatro formados por alumnos da ESO de 8 centros da cidade de Ourense.

As representacións terán lugar todos os días ás 12:00 horas no salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas e está previsto que asistan un milleiro de alumnos de máis dunha decena de centros de ensino da cidade.

O cartaz do festival obtívose tras o IV Concurso de deseño de carteis da Moteces. Así, o gañador desta edición foi creado por unha alumna de 3º de Eso do CPR Santo Ángel.

Actuacións detalladas:
– 4 de maio: grupo de teatro “Jopelines Mary Teatro” do IES Otero Pedrayo, coa obra “A Risa Durmida”, dirixida por Pablo Silva e con público asistente do CPI José G. García (Mende) e do CPR Divina Pastora (Franciscanas).
– 5 de maio: grupo de teatro “Acto Blanco” do IES E. Blanco Amor coa obra “La Zapatera Prodigiosa”, dirixida por Marga Varela con público asistente do IES E. Blanco Amor e do CPI José G. García (Mende).
– 6 de maio: grupo de teatro “Carrabouxos Teatro” do CIFP Carballeira coa obra “Viaje al Mundo de Talía”, dirixida por Marga Varela e con público asistente do IES O Couto e do IES Universidade Laboral.
– 10 de maio: repetirase a actuación do día 6, pero con público asistente do IES Xesús Ferro Couselo e do CIFP Portovello.
– 11 de maio: grupo de teatro “Quinto Teatro” do IES X Ferro Couselo coa obra “Anxélica ás portas do ceo”, dirixida por Marga Varela e con público asistente do IES E. Blanco Amor.
– 12 de maio: grupo de teatro “Xogos Florais 2.0” do CPR Divina Pastora coa obra “univerSItarios”, escrita e dirixida por Román Godás Ibáñez e con público asistente do IES Lagoas.
-13 de maio: clausura co grupo de teatro “IAD -14” do IES Universidade Laboral coa obra “Lisístrata”, dirixida por Matilde Vázquez e con público asistente do IES Otero Pedrayo. Posteriormente terá lugar a entrega de agasallos a todos os grupos participantes e á gañadora do concurso de deseño de cartaces da Moteces.

Artigos relacionados

Back to top button