EconomíaEconomíaÚltima hora

XV Xornadas técnicas de prevención de riscos laborais na sede da ACO, o 5 de novembro

 

A sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) acollerá o 5 de novembro ás 19h. as “XV Xornadas Técnicas de Prevención de Riscos Laborais”, promovida pola citada entidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía.

O programa abrirase cunha sesión adicada ao “Marco normativo da subcontratación: responsabilidades laborais e da seguridade”, que correrá a cargo de Pilar Sánchez-Cuervo, xefa de inspección de Traballo de Ourense.

Seguidamente, Fransciso Garrido, técnico superior en prevención de Fremap abordará a prevención do accidente laboral de tráfico no sector da construción. Finalmente, María Bodelo, directora técnica de Equaby Prevención tratará o tema da exposición laboral ao amianto e ao radón.

 

Artigos relacionados

Back to top button