ConcellosÚltima hora

XVI Certame de Panxoliñas “Vila de Viana”

Celebrábase na tarde do 30 de decembro na igrexa parroquial e incluía as actuacións do Orfeón Vianés e da Coral Santa María das Neves
Actuación do Orfeon Vianés./ Foto: Antonio Ares Pérez.

A partires das seis da tarde do 30 de decembro comezaba a soar a música na igrexa de Viana do Bolo. Iniciábase o XVI Certame de Panxoliñas “Vila de Viana”, organizado polo Orfeón Vianés (en colaboración co Concello e coa parroquia) e que tiña como formación convidada á Coral Santa María das Neves.

O Orfeón Vianés, dirixido por Víctor Fernádez, interpretaba diversas panxoliñas como “Venid todos juntos”, “Abeto fiel”, “O neno chámase cruz”, “Na noite máis fermosa” e “Toca, toca campaíña”. Tamén a Coral das Neves cantaba diversas composicións de Nadal. Ao final as dúas formacións interpretaban xuntas “Noche de Paz”.

 

Coral Santa María das Neves./ Foto: Antonio Ares Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button
Close