CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

XVI Festival Folk & Rock nas Portelas, nesta fin de semana en Lubián

O programa abrirano Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre na tarde do 6 de agosto

Publicidade
A Banda As Portelas, actuando nunha edición anterior do festival./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A música tradicional será un dos referentes principais do “Verán Cultural” deste 2022 no Concello de Lubián, que malia pertencer á provincia de Zamora, conserva fondas raíces comúns con Galicia.  Nesta primeira fin de semana de agosto esta localidade recuperará, tras dous anos de obrigado parón pola pandemia, o Festival Folk & Rock nas Portelas, que chega á súa 16 edición cun completo programa, que abrirán Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre o 6 de agosto ás 20:30h. A continuación haberá un concerto de Acetre.

 

Xabier Díaz e as Adufeiras, nunha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O festival continuará na xornada do 7 de agosto, na que Lubián se encherá do son de ata catro bandas de música tradicional: a Asociación Etnográfica La Arracada (Zamora), a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro (Cornellà), a Asociación Cultural Tangaraño (Mos) e a Banda de Gaitas As Portelas+BCB Ensemble. Comezarán a actuar a partir das 19:30h. Pola noite, ás 22h. retomarase a música, pero doutro estilo. Primeiro actuará Asfalto e, arredor das once e media Eager Platypus.

Artigos relacionados

Back to top button