CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

XVI Semana de Orientación Universitaria no IES Lauro Olmo do Barco

Os alumnos do instituto barquense reciben información sobre a Universidade e as Forzas Armadas

Dende o luns 23 de xaneiro e ata o venres 27 o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acolle  XVI edición das Xornadas de Orientación Universitaria, coa colaboración a través de charlas orientativas e temáticas, de diferentes universidades españolas así como das Forzas Armadas.

Con estas xornadas, dende o centro barquense pretenden ofrecer ao alumnado de 2º de Bacharelato, Ciclo Superior e as súas familias “as opcións que oferrtan as universidades galegas e outras de fóra de Galicia, de cara á toma de decisión na elección formativa despois de finalizar os estudos de Bacharelato; así como a información necesaria sobre o novo sistema de acceso á Universidade”.

A primeira xornada contou coa presenza de profesionais da Universidade de Santiago de Compostela, cunha charla xeral sobre o programa “A Ponte” e dúas específicas simultáneas: “Leonardo: a representación gráfica das súas ideas” e “As ciencias veterinarias ao longo das andanzas de Don Quixote da Mancha”. A segunda xornada corría por conta da Universidade da Coruña, de novo cunha charla de información xeral e outra específica que levou por título “A cabeza non para: unha viaxe polos últimos descubrimentos da Neurociencia”.

Mañá, mércores 25 de xaneiro tocaralle o turno ás Forzas Armadas cunha charla a cargo de Tomás Blanco; o xoves, día 26 ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) coa presenza de Pablo Barreiro; e o venres día 27 á Universidade de Vigo cunha charla sobre “Dinámica Xeografía e Historia” a cargo de Begoña Garrido.

As xornadas continuarán de cara ao mes de febreiro con dúas novas charlas e rematarán o 3 de marzo cunha nova charala da Universidade de Vigo e a clausura.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button