ConcellosEntroidoÚltima hora

XVI Xornadas Gastronómicas do Entroido no Barco

Nove restaurantes ofrecerán menús especiais entre o 12 e o 17 de febreiro
Bodegón con produtos típicos do Entroido. /Foto: Carlos G. Hervella.
Bodegón con produtos típicos do Entroido. /Foto: Carlos G. Hervella.

A gastronomía é un dos ingredientes cos que cada ano dende hai dezaseis, se elabora a programación de Entroido no Barco de Valdeorras. Por iso, o desfile de comparsas e o enterro da sardiña, actos representativos desta festa na vila barquense, virán acompañados dos sabores máis tradicionais que se poderán degustar nas XVI Xornadas Gastronómicas organizadas por AEVA e o Centro Comeracial Aberto O Barco en colaboración co Concello.

Entre os días 12 e 17 de febreiro, o público interesado poderá elixir entre varios menús elaborados con produtos típicos do Entroido en nove establecementos da vila, con prezos que oscilarán entre os 15 e os 25 euros, así como entre trece pinchos noutros tantos locais que se cobrarán ao prezo de 1 euro.

Dende a organización editaron un folleto, a disposición dos clientes en cada establecemento, no que se especifican os menús dos restaurantes, os prezos e os pinchos que ofrece cada un.

Cartel do Entroido 2015 no Barco de Valdeorras.
Cartel do Entroido 2015 no Barco de Valdeorras.

Os establecementos que participan nesta edición das Xornadas Gastronómicas do Entroido son: Asador de Viloira, Bar-Restaurante Casa Ignacio, Restaurante Casa Galaica, Piquiño Restaurante, Restaurante Fernando III, Restaurante Agarimo, Mesón Vila do Castro, Cervecería Guigurri e Pazo do Castro.

Con respecto aos pinchos, poderanse degustar en Restaurante Fernando III, Bar San Cristóbal, Piquiño Restaurante, Vinum, Cafetería Olimpo, Café Bar Ambigú, Bar A Cova, Café Bar Lisboa, Taberna O Buraco, Agarimo, Cervecería 13/14, Casa Galaica e Mesón Vila do Castro.

Artigos relacionados

Back to top button