DeportesSen categorizar

XX Rallye Ourense Clásico, do 6 ao 8 de xuño

Na cita automobilística participarán 85 coches, antigos, históricos e pre-70
Acto de presentación do XX Rallye Ourense Clásicos.
Acto de presentación do XX Rallye Ourense Clásicos.

Os días 6, 7 e 8 de xuño, o Rallye Ourense Clásico cumpre vinte anos de historia. E para celebralo, a organización fará coincidir na mesma fin de semana as tres categorías de coches que outros anos facían os percorridos por separado. Así, un total de 85 coches, antiguos, históricos e pre-70 farán un percorrido de case 600 quilómetros pola provincia de Ourense, “disfrutando dela e facendo disfrutar aos espectadores destas auténticas xoias” segundo explicou na presentación o presidente da Escudería Luís Aragonés. Dos 85 clásicos participantes, 45 son coches históricos, 21 coches pre-70 e 19 antigos.

Os representantes da Escudería de Clásicos explicaban na presentación que haberá coches procedentes de toda Galicia e dotros lugares como País Vasco, Madrid ou Portugal, o que supón segundo o tesoureiro Francisco Fernández “o noso gran de area para dinamizar esta provincia e dala a coñecer, poi o Rallye moviliza ao redor de 250 personas que xa están pernoctando na cidade e percorrerán tamén gran parte da provincia”.

Con respecto aos lugares que visitarán nos percorridos dos distintos días están os concellos de Lobios, Laias, Castro Caldelas, Xinzo o Esgos, entre otros, nos que os participantes farán paradas para comer, cear e durmir.

Na presentación do evento, Francisco Fernández adiantaba que coches e condutores asistirán a unha recepción este venres 6 de xuño ás 21:30h. no Centro Comercial Pontevella, para efectuar despois a saída dende a praza do Bispo Cesáreo ás 22:30h. Os coches antigos, que non efectuarán tanto percorrido, terán unha recepción separada na plaza Maior o sábado 7 de xuño, entre as 3 e 4 da tarde, dende onde sairán cara Esgos. A saída do sábado para o resto de coches farase dende o hotel balneario de Laias, chegando a comer ao de Lobios. O domingo, regresarán á praza do Bispo Cesáreo para a entrega de premios, en torno á unha do mediodía.

De entre tódolos anotados este año para participar, a organización destaca como “coche máis antigo un Chevrolet de 1930, mentras que os modelos máis repetidos son Porsche, BMW e Lancia. En cuanto á idade dos condutores, os membros da Escudería afirman que oscila entre os 30 e os 75 anos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button