DeportesÚltima hora

XX xogos autonómicos de fútbol sala Special Olympics

Máis de 250 deportistas con discapacidade intelectual participaron nos xogos desputados no Carballiño
Autoridades nos xogos autonómicos de fútbol sala Special Olympics.
Autoridades nos xogos autonómicos de fútbol sala Special Olympics.

Special Olympics Galicia (a asociación de pais, profesionais e familias, a favor da promoción do ocio e deportes para persoas con discapacidade intelectual) celebrou en O Carballiño a XX edición dos Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, en colaboración co Concello de O Carballiño e a entidade local ASPADISI.

O encontro, que tiña lugar o 17 de outubro reuníu a máis de 260 deportistas con discapacidade intelectual de 20 asociacións de toda Galicia, acompañados por 64 adestradores e 60 voluntarios. En total O Carballiño acolleu a 419 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

Inauguración  da xornada de fútbol sala celebrada no Carballiño.
Inauguración da xornada de fútbol sala celebrada no Carballiño.

O programa arrancaba pola mañá no pavillón Paco Chao co desfile dos participantes e incluíu partidos nas instalacións dos institutos Chamoso Lamas e o Número Un de O Carballiño, antes dunha clausura que pechou a xornada de convicencia nas pistas carballiñesas.

Artigos relacionados

Back to top button