Deportes

XXI campus W. Brabender na Rúa

Celebrarase no pavillón polideportivo da Rúa entre o domingo 21 de xullo

Vinteún anos despois de que o mítico xogador de baloncesto Wayne Brabender chegara á Rúa para fundar o campus de baloncesto, segue achegándose ata Valdeorras para certificar o campus que leva o seu nome, sendo un punto de referencia nas axendas infantís.

A piques estivo de non celebrarse (por problemas de financiación) pero finalmente, o XXI campus de baloncesto Wayne Brabender celebrarase no pavillón polideportivo da Rúa entre o domingo 21 de xullo (apertura ás 10h.) e o domingo 28 de xullo (clausura coa entrega de diplomas e trofeos ás 13h.)

A asistencia pode ser en réxime de interno nas instalacións do albergue xuvenil do Pablo VI (325 euros); de medio pensionista (200 euros); ou externo (100 euros), pero en calquera dos tres casos a inscrición inclúe unha equipación e todo tipo de actividades, non só deportivas senón tamén de lecer.

Para mellorar a asistencia de rapaces de fóra de Valdeorras facilitarase desprazamento en autocar o 20 de xullo dende Getafe (Madrid) e Valladolid.
Durante a semana que dure o campus, profesionais do baloncesto traballarán cos asistentes en técnica e táctica, xogando partidos e preparándose para poder chegar a ser todo un icono do deporte.

Texto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button