ConcellosÚltima hora

XXI Cea do Cocido en Piñeiro (Trives)

Os Bertolini e Los Players amenizarán a festa gastronómica que se celebrará o venres 23 de xaneiro
Asistentes á Cea do Cocido de Piñeiro do ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á Cea do Cocido de Piñeiro do ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá, venres 23 de xaneiro celebrarase en Piñeiro (concello da Pobra de Trives) unha nova edición da Cea do Cocido. A partires das 21h. abriranse as portas da carpa, instalada e acondicionada para a ocasión, na que os centos de visitantes (do pobo, da bisbarra e doutras localidades veciñas como O Barco de Valdeorras ou A Rúa), buscarán o seu sitio nalgunha das mesas corridas instaladas. Alí, coma sempre haberá unha bolsa de papel co servizo completo: garfo, coitelo, servilleta, cunca de barro (que poderán levar de recordo), e tamén unha ración de bica, que formará o postre dun menú elaborado no propio recinto con produtos da zona.

Patacas, grelos e todo tipo de carne de porco dende chourizo e androlla ata morro, pasando pola orella e o lacón. Para beber, viño da zona e licores dixestivos. Todo conforma o menú de primeira calidade que ten levado a esta festa a converterse en todo un referente culinario, non só na comarca de Terra de Trives senón en todo o oriente ourensán.

O prezo das entradas é de 15 euros (coa cunca e o prato de barro de regalo) e a velada estará amenizada musicalmente por Os Bertolini e Los Players.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button