EconomíaEconomíaÚltima hora

XXI Xornadas Gastronómicas do Entroido, do 20 ao 25 de febreiro no Barco

Nove restaurantes ofrecerán menús especiais con produtos de tempada dende o Xoves de Comadres ata o Martes de Entroido

Publicidade
Orellas. Postre típico do Enrtroido. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o clásico cocido ou o tradicionais lacón con grelos e codillo ao forno, ata sofisticados e suxerentes pratos como alcachofas frescas con langostinos en xugo de xamón ibérico e azafrán; meloso de porco celta, crema de grelos e pataca con allo torrado; ou revolto de grelos con polbo e langostinos. Son algúns dos platos que poderán degustarse entre o 20 e o 25 de febreiro no Barco de Valdeorras, nas Xornadas Gastronómicas do Entroido, organizadas por Aeva, o Centro Comercial Aberto e o Concello, que este ano chegan á XXI edición, con nove restaurantes: Cafetería Restaurante Fernando III, Pazo do Castro, Casa Lameiro, Casa Galaica, Pensión La Gran Tortuga, Casa Ignacio, Piquiño Restaurante, Restaurante San Mauro e Il Piacere.

Este ano como novidade, os clientes das xornadas poderán ganar algunha das seguintes experiencias nas IX Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras: “Viñoteando entre covas”, unha visita guiada para unha parella, a seis adegas-cova con degustación de vinos, a desfrutar o sábado 30 de maio; “Un paseo en catamarán”, viaxe polo encoro de San Martiño na Rúa que finaliza cun concerto e degustación de viños de Valdeorras no Aguillón, tamén o sábado 30 de maio.

Para participar no sorteo, os comensais deberán cubrir cos seus datos as rifas de participación que lles entreguen os hostaleiros.

 

Os establecementos que participan nas xornadas, cos menús.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close