ConcellosÚltima hora

XXII Cea do Cocido en Piñeiro (P. de Trives)

A festa gastronómica celebrarase hoxe, venres 22 de xaneiro, a partires das nove da noite
Asistentes á anterior edición da Cea do Cocido en Piñeiro. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á anterior edición da Cea do Cocido en Piñeiro. /Foto: Carlos G. Hervella.

En xaneiro de 1994 os veciños de Piñeiro decidían abrir as festas na honra ao seu patrón, San Sebastián, por todo o alto, cunha cea na que o prato estrela sería o cocido con tódalas delicias de porco, patacas e grelos.

Foron pasando os anos e malia o traballo que supón e os atrancos cos que se foron atopando, ao longo de máis de dúas décadas a Cea do Cocido de Piñeiro converteuse nun referente gastronómico de inverno en todo o oriente ourensán.

Así, coa ilusión que dá manter este tipo de actividades, sobre todo nos tempos que corren, Piñeiro celebrará esta noite a partires das nove, a XXII edición da súa festa por excelencia.

O menú, coma sempre estará formado por patacas, grelos, androlla, chourizo, morro, orella e lacón, regado cun bo chorro de aceite de oliva. De postre, Bica de Trives. E para beber: viño, auga, licores e café. O prezo da entrada mantense nos 15 euros e a música correrá por conta da charanga Nova Terras de Trives.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button