Galerías de fotosOurense

XXIV Festa da Castaña e do Cogomelo en Riós

Esta celebración contaba coa asistencia do conselleiro do Medio Rural, quen destacaba a relevancia que teñen este tipo de celebracións gastronómicas para enxalzar a calidade dos produtos tradicionais de Galicia

Dous produtos típicos do outono ourensán exaltábanse na xornada do 4 de novembro no Riós na XXIV Festa da castaña e do cogomelo. Este evento, ademais de permitir a degustación dos produtos exaltados, incorpora tamén diferentes actividades. Entre elas figuran exposicións e actuacións musicais, así como a entrega da “Castaña de ouro”, que este ano recaeu no ex-presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar, e na investigadora do eido forestal María Josefa Lombardero.

Esta festa contaba ademais coa asistencia do conselleiro do Medio Rural, José González, que estivo acompañado polo alcalde de Riós, Francisco Veiga. González resaltaba a relevancia que teñen este tipo de celebracións gastronómicas para enxalzar a calidade dos produtos tradicionais de Galicia, neste caso as castañas e os cogomelos.

Artigos relacionados

Back to top button