CulturaCulturaÚltima hora

XXIX Congreso da Sociedade Española de Vexigoloxía en Ponferrada

Este foro de expertos en bandeiras e enseñas desenvolvíase na cidade berciana a mediados de outubro
Unha das visitas realizadas no marco do congreso.
Unha das visitas realizadas no marco do congreso.

Medio cento de expertos en bandeiras, enseñas e estandartes reuníanse do 17 ao 19 de outubro en Ponferrada (León) no marco do XXIX Congreso da Sociedade Española de Vexiloloxía.

Tras unha xornada inicial na que tiveron a oportunidade de visitar o museo das Cofradías, onde puideron contemplar emblemas, guións e vexilos, o congreso propiamente dito botaba a andar o día 18 cunha conferencia inaugural do profesor e historiador berciano, José Antonio Balboa de Paz, quen falou sobre “O Bierzo: o escudo e a bandeira”. Ao mediodía, os congresistas visitaban o Castelo dos Templarios, recibindo as oportunas explicacións do director de los Museos de Ponferrada, Francisco Javier García Bueso, e a exposición permanente dos fondos bibliográficos “Templum Libri” e biblioteca templaria, neste caso, da man do coleccionista e bibliófilo berciano, Antonio Ovalle García.

Os participantes no congreso, no Castelo dos Templarios, en Ponferrada (León).
Os participantes no congreso, no Castelo dos Templarios, en Ponferrada (León).

Finalmente na mañá do domingo 19 de outubro a sociedade celebraba a súa asemblea anual, na que se aprobaron las cuentas e se renovaron varias vocalías ao cumprirse o período regramentario de mandato.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close