OurenseÚltima hora

XXV Regata de Piragüismo Festa da Empanada, o 19 de agosto en Allariz

Esta proba, entre cuxos participantes estará o Fluvial Barco, será ademais campionato provincial e disputarase no río Arnoia ao seu paso por esta vila ourensá
Participantes na regata de Allariz do ano 2017./ Foto cedida.

Este domingo 19 de agosto a partir das 11 horas da mañá disputarse no río Arnoia, ao seu paso por Allariz, a 25ª edición da regata de piragüismo “Festa da Empanada”, que este ano ademais é campionato provincial de piragüismo.

Contará cun percorrido de 1 km para pre-benxamíns, benxamíns e alevíns, de 2 km para los infantís e de 4 km para o resto de categorías, segundo se informa dende o Club Fluvial Allariz. O circuíto vai dende o edificio A Fabrica até a ponte románica e competirase en embarcacións individuais.

Hai un total de 150 padexeiros inscritos dos clubs de toda a provincia de Ourense: o Fluvial Allariz participa con 66 deportistas, Fluvial O Barco (30), Fluvial Avión-Catamarán Ribeira Sacra (28), Piragüismo S.C.D. Fontefria (17) e Escola Ourensana Municipal de Piragüismo (9).

“Como todos os anos agárdase unha gran afluencia de público a esta regata con 25 años de antigüidade cunha gran tradición deportiva. Esta regata é puntuable para a liga de piragüismo provincial, Copa Deputación de Ourense 2018”, sinalan dende o Club Fluvial Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button