CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A XXVI Mostra do Mel de Quiroga atrae a multitude de persoas

O recinto acollía as casetas de nove apicultores e tamén incluía postos doutros produtos típicos desta comarca do sur de Lugo como aceite ou marmeladas

Na mañá do 10 de agosto a rúa Real quiroguesa acollía unha cita especialmente doce. Nela instalábase a XXVI Mostra do Mel de Quiroga, que atraía a multitude de visitantes. O seu recinto feiral contaba con postos de ata nove apicultores de diferentes puntos do municipio, que poñían á venda uns 2.000 quilos de mel das variedades mil flores e mono floral de castiñeiro e brezo, principalmente.

A mostra, que coincidía ademais coa celebración da feira e mercado do mes en Quiroga, inaugurábase ás 12h. e nela tamén podían atoparse casetas doutros produtos típicos desta zona do sur de Lugo como é o caso de aceite, licores ou marmeladas. Ademais a charanga ourensá Fuego animaba o ambiente co seu intenso ritmo.

Asemade esta feira, promovida polo Concello de Quiroga, abre neste ano as Festas do Verán nesta vila, que continuarán ata o 13 de agosto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button