CulturaCulturaÚltima hora

XXVII edición das “Noites teatrais de Vilamarín”

O certame desenvolverase do 15 ao 18 de xullo coa comedia como protagonista
Presentación da XXVIII edición das "Noites teatrais en Vilamarín".
Presentación da XXVIII edición das “Noites teatrais en Vilamarín”.

O auditorio municipal de Vilamarín acollerá do 15 ao 18 de xullo, a 27ª edición das “Noites teatrais de Vilamarín”, uno dos certames das artes escénicas máis importantes de Galicia no verán con entrada gratuíta, que porá en escena catro producións de compañías de Madrid, A Estrada, Santiago de Compostela e Pontevedra.

A presentación do programa tiña lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense coa presenza do presidente provincial Manuel Baltar, o alcalde de Vilamarín Amador Vázquez, e a concelleira de Cultura de Vilamarín Marina Rodríguez.
A propia Marina adiantanba que o programa deste ano “abrangue maioritariamente o xénero da comedia e comezará o martes día 15, coa representación de MDM Producciones que porá en escea “Los chismorreos de las mujeres”.

O mércores día 16, Malasombra Producións estrea a obra “D.E.P.”, interpretada por Jouse García, Xoque Carbajal e Patricia Rodríguez. O xoves día 17, Talía Teatro presenta “O método Grönholm, de Jordi Galcerán; e o venres día 18, Abrapalabra Creacións Escénicas porá en escena a obra “As do peixe”. Tódalas representacións terán lugar ás 22:30h.

Segundo o presidente da Deputación, esta actividade cultural “é unha cita ineludible no calendario das artes escénicas de Ourense, e boa mostra diso é a importante traxectoria deste evento que conta xa con 27 edicións, e que tivo como impulsor a Amador Vázquez e como verdadeira alma mater a Marina Rodríguez”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button