CulturaCulturaÚltima hora

XXVIII Noites teatrais de Vilamarín, do 14 ao 17 de xullo

O programa inclúe catro obras doutras tantas compañías que actuarán no Auditorio a partires das 22:30h.
Presentación das noites de teatro de Vilamarín, na Deputación.
Presentación das noites de teatro de Vilamarín, na Deputación.

Comedia, drama e teatro clásico serán os xéneros protagonistas nas “Noites teatrais de Vilamarín”, un certame de artes escénicas organizado polo Concello de Vilamarín coa colaboración da Deputación de Ourense, que este ano chega á XXVIII edición.

A presentación do evento tiña lugar na mañá do 10 de xullo na Deputación, contando coa presenza do vicepresidente do ente provincial, Rosendo Fernández; o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Cultura de Vilamarín, Marina Rodríguez.

Tal como explicou Marina Rodríguez, o programa desta edición das Noites Teatrais desenvolverase entre os días 14 e 17 de xullo, ás 22:30h. no Auditorio municipal de Vilamarín con dúas comedias: “A louca historia de Galicia”, o día 15 de xullo a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano; e “Chévere”, o 17 de xullo, a cargo de As fillas bravas, compañía gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014. O programa complétase o día 14 con “III”, drama baseado no texto “Ricardo III” de William Shakespeare e representado pola Aula de Teatro Universitario de Ourense Maricastaña; e o 16 de xullo coa obra de teatro clásico “Cyrano”, a cargo de Teatro Galileo.

Artigos relacionados

Back to top button