ConcellosÚltima hora

XXXI Xornadas de folclore en Ourense

Seis compañías internacionais actuarán por toda a provincia do 11 ao 20 de agosto
Unhas das actuacións da anterior edición das xornadas/Foto: Carlos G. Hervella
Unhas das actuacións da anterior edición das xornadas/Foto: Carlos G. Hervella

Na mañá do 5 de agosto, presentábase no Teatro Principal de Ourense, o programa das XXXI Xornadas de folclore, organizadas pola Deputación provincial, que se celebrarán do 11 ao 20 de agosto. O acto contou coa presenza do director artístico, Xulio Fernández e da directora das xornadas, Olga Mojón.

Cun presuposto similar ao do ano pasado que ronda os 140.000 euros, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración especial da Confederación Internacional de Organización de Festivais de Folclore, esta edición das xornadas contará coa presenza de seis grupos doutros tantos países, que percorrerán a provincia de Ourense ao longo de dúas semanas.

As agrupacións son: Bayram Folk Dance Ensemble, de Rusia Bashkiria; Cosandama Cultural Qhaswa, de Perú; Yoon Minsook Dance Troupe, de Corea; Folk Dance Ensemble Stanitsa, de Rusia Krasnodar; Compañía Argentina de Arte Folklórico, de Arxentina; e Mazibuye Emasisw Eni Taxido, de Sudáfrica.

A cerimonia de apertura terá lugar o vindeiro luns 11 de agosto no Teatro Principal de Ourense e a partires de aí as xornadas (coa actuación de tres grupos en cada poboación), achegaranse ata O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Manzaneda, Entrimo, Maceda, Verín, A Rúa, Castro Caldelas, Allariz, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Ourense, Bande, P. de Trives e Ribadavia.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button