DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A XXXIV Copa Deputación de Atletismo reúne no Barco a un cento de participantes

Comezaba a partires das catro e media da tarde nas pistas de Calabagueiros

Atletas do Barco, A Rúa, Trives e Viana do Bolo participaban na tarde do 21 de outubro na quinta xornada da XXXIV Copa Deputación de Atletismo que se celebraba nas pistas barquenses de Calabagueiros. Competían as categorías (tanto masculinas como femininas) benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

A competición, cuxo control estaba en mans do Comité Valdeorrés de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (FGA), comezaba ás catro e media da tarde coas probas de 50 ml e lanzamento de martelo. Despois virían as carreiras de 50 ml, 60 ml, 80 ml, 500 ml, así como o salto de lonxitude.

Esta proba ten sido organizada pola Delegación Valdeorras da FGA contando co patrocinio da Deputación de Ourense.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button